O patrimonio vitícola da esencia galega
Marqués de Sanfiz sitúase nas beiras do río Miño, nunha zona na que predominan as ladeiras e pendentes que favorecen a exposición solar dos viñedos. A medio camiño entre o clima oceánico e mediterráneo, a súa situación favorece o cultivo das nosas cepas e permite que o froito das viñas madure conservando o seu aroma e acidez. Os chans con texturas maioritariamente franco- areosas e de orixe granítico, con importante presenza de pedras e gravas, achegan aos viños esa característica frescura.
Todas estas características permiten que o froito das viñas madure conservando o seu aroma e acidez característicos. Grazas ao importante traballo previo á recollida do froito tanto na condución como na poda, reflicten a sabedoría dunha longa experiencia neste sector, seguindo un rigoroso control para enxalzar o potencial vitivinícola. Isto, xunto á vendima e selección da uva 100% manuais, ten como resultado uns viños que manteñen un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, o seu territorio e o seu factor humano.
Marqués de Sanfiz sitúase dentro da Denominación de Orixe Ribeiro, a máis antiga de Galicia e unha das de máis historia de Europa.
- A vendima é 100% manual e sempre no momento óptimo de madurez, cunha minuciosa selección manual da uva e unha elaboración que combina os métodos tradicionais coa máis moderna tecnoloxía.
Tradición galega
Un patrimonio vitivinícola que representa a esencia galega pola súa paisaxe, territorio e factor humano.
En Marqués de Sanfiz elaboramos
-
Cumio
P.D.O. Ribeiro
Godello, Treixadura
-
Viña Amoreiro
P.D.O. Ribeiro
Torrontés, Treixadura
-
Val do Inferno
P.D.O. Ribeiro
Palomino, Treixadura
Adegas relacionadas