Información adicional
D.O. | Ribeiro |
---|---|
Variedade de uva | Godello, Treixadura |
Bodega | |
Tipo | Branco |
Capacidade botella | 75 cl |
Añada | 2021 |
De exquisito aroma afrutado e floral, sorprendente, lixeiro e fresco, Viña Amoreiro é a opción perfecta para reencontrarse e compartir viños e anécdotas cos amigos de sempre.
Viña Amoreiro é un viño alegre de marcada personalidade, un viño branco elaborado a partir do esmagado de uvas autóctonas. Despois dun suave desfangado traségase e ferméntase a baixa temperatura para evitar a evaporación dos aromas varietais. Finalizada a fermentación, centrifugase e antes do embotellado realízase unha filtración amicróbica para conseguir un viño estable e de calidade.
Viña Amoreiro marida con mariscos, peixes brancos e aperitivos
Verdoso alimonado brillante.
Aromas de froita madura. Elegante e intenso no nariz.
Moi equilibrado e fresco. Agradable paso de boca con sensacións florais anisadas por vía retronasal.
D.O. | Ribeiro |
---|---|
Variedade de uva | Godello, Treixadura |
Bodega | |
Tipo | Branco |
Capacidade botella | 75 cl |
Añada | 2021 |