Familia adegueira dende 1940

A nosa historia comeza en pleno corazón de Galicia cun pequeno establecemento dedicado á hostalaría e á venda de viños. Dende entón, apostamos polo traballo duro, por coñecer a terra e respectar os seus tempos e por probar unha e outra vez ata conseguir o que estábamos buscando. Hoxe, tres xeracións despois, máis de cincuenta familias traballamos día a día para elaborar viños e licores que manteñen o legado e a ilusión daquela Casa Penouzos que abriu as súas portas no 1940.

Adegas nas cinco
denominacións de orixe galegas

Galicia: a terra que nos deu todo

Cada un dos nosos viños é unha homenaxe a esta terra e á súa tradición, un recordatorio de onde vimos e unha aposta polo que queremos ser no futuro.

Galicia: a terra que nos deu todo

Cada un dos nosos viños é unha homenaxe a esta terra e á súa tradición, un recordatorio de onde vimos e unha aposta polo que queremos ser no futuro.

Unha recompensa ao traballo duro

Os nosos viños son unha recompensa para a familia ViniGalicia, pero tamén para todo aquel que sabe desfrutar da vida. Unha recompensa ao traballo duro, a saber esperar e a probar unha e outra vez ata encontrar o que estás buscando.

Calidade ao alcance de todos

Todos deberíamos poder desfrutar das cousas boas; das que están feitas con boa materia prima e con bo saber facer. Traballamos día a día para que cada un dos nosos produtos o demostre.

Viños galegos nos cinco continentes

Traballamos con distribuidores e profesionais internacionais para levar os nosos viños e licores a máis de 27 países dos cinco continentes, avalados e certificados por organismos independentes de ámbito rexional, nacional e internacional.

Estamos en …