Vía Romana

Viticultura heroica e elaboración
tradicional nas ladeiras do Miño

Os nosos viñedos sitúanse nas ladeiras do río Miño, unha das zonas vinícolas máis espectaculares de España. Grazas á forma dos canóns da Ribeira Sacra, as parcelas están influídas por un microclima continental, con largos e calorosos veráns e outonos temperáns perfectos para a maduración das nosas uvas. As precipitacións soen ser elevadas, e os ventos chegan a soprar forte na zona, axudados pola forma dos vales.

A vendima realizase de maneira totalmente manual, accedendo a través de sendeiros e incluso polo propio río. O desafío á vertixe dende os bancais ten como resultado colleitas limitadas de uvas con sabores moi concentrados e aromas afroitados e sutís. Os tintos caracterízanse pola súa cor cereixa intensa, de sabor agradable, suaves en boca e elegantes en retrogusto; os brancos son frescos, con aromas intensos e afroitados e, ao mesmo tempo, con gran plenitude en boca.

D.O. Ribeira Sacra

Vía Romana intégrase nunha das denominacións de orixe máis antigas de Galicia, máis de 2000 anos de historia que se reflexan na forma de elaborar os nosos viños.

Viticultura heroica

As mans expertas de quenes vendiman e o seu respecto por esta terra desafían o vértigo dende os bancais para recoller manualmente as uvas que son a orixe dos nosos viños.

Elaboración tradicional

Deixamos que cada viño marque os seus propios tempos e respectamos a súa maduración para que chegue ás nosas copas cando el o decida, sen présas.

Ven a coñecer Vía Romana

En Vía Romana poderás coñecer en detalle a elaboración tradicional dos nosos viños e cada recuncho da bodega mentres desfrutas da espectacular paisaxe  da Ribeira Sacra. Vén e descubre todos os segredos da nosa adega.  

En Vía Romana elaboramos

Adegas relacionadas