A combinación perfecta de clima e terra
Vía Atlántica foi construída a principios do século XVII no Rosal, unha ubicación privilexiada polas características climáticas da influencia atlántica, que se manifestan en temperaturas suaves e precipitacións elevadas e ben repartidas, cun descenso hídrico nos meses de verán.
A adega hoxe rehabilitada, mantén a súa estrutura orixinal e os seus viñedos centenarios, que se sitúan en terras baixas a unha altitude inferior a 300m. O curioso sistema de emparrado incrementa a insolación das follas, favorecendo a maduración e apartando a humidade dos acios e follas. A conxunción de todos estes factores favorece o cultivo da variedade albariño e dota de gran personalidade os nosos viños.
Rías Baixas é a denominación de orixe con maior produción de viños de Galicia, superando hoxe en día os 22 millóns de litros.
Os nosos viñedos centenarios están situadas en terras baixas moi próximas ao mar e asociados aos tramos inferiores dos cursos fluviais, o que permite cultivas as nosas uvas a temperaturas suaves.
Albariño de calidade
O sistema de emparrado das nosas cepas permite que o sol incida directamente nas follas, favorecendo a maduración da uva para elaborar un viño albariño de alta calidade e personalidade única.
En Vía Atlántica elaboramos
-
Terra Mundi
P.D.O. Rías Baixas
Albariño
-
Dona Luci
P.D.O. Rías Baixas
Albariño
-
Carta Marina
P.D.O. Rías Baixas
Albariño
Adegas relacionadas