Viticultura sostible e respecto pola terra
Moldeada por un profundo val fértil e luminoso polo que discorre o río Sil, nunha paisaxe de terras vermellas e negras onde medra o castiñeiro, a vide e a oliveira, encóntrase Terriña, unha das adegas máis antigas da D.O. Valdeorras. Esta rexión situada ao noroeste da provincia de Ourense, foi porta natural da entrada a Galicia dende a península e destino das lexións romanas que plantaron as súas primeiras cepas e construíron lagares. Así, foi cando dando orixe a unha tradición no cultivo da vide e a elaboración de exquisitos viños frescos e afroitados con aromas de gran personalidade.
A filosofía de Terriña basease no respecto pola terra, a través do exercicio dunha viticultura sostible e unha enoloxía que permite preservar as características varietais e resaltar o potencial das nosas variedades de uva: godello e mencía. Tras anos de investigación, de implantación de novas tecnoloxías e modernización dos procesos de produción, conseguimos que os nosos viños da D.O. Valdeorras estén entre os mellores de España e que se exporten a distintos países.
A adega conta con 25 hectáreas de viñedo propio, onde elaboramos viños amparados pola D.O. Valdeorras
Viticultura sostible
En Terriña elaboramos viños frescos e afroitados con aromas de gran personalidade que recollen a tradición vitícola da época romana para elaborar viños de forma sostible e respectuosa co entorno.
O potencial da terra
O inmenso potencial vitícola das nosas parcelas vén dado pola natureza dos solos e as características climáticas da zona: solos de textura arxilo-ferrosa e invernos fríos e veráns calorosos, con outonos e primaveras suaves e pluviometría media.
En Terriña elaboramos
-
Verdes Castros Godello
P.D.O. Valdeorras
Godello
-
Verdes Castros Mencía
P.D.O. Valdeorras
Mencía
Adegas relacionadas