Verdes Castros Godello

Para unha copa coa comida

Verdes Castros é un godello novo, varietal e complexo, con frescura e volume en boca, perfecto para acompañar calquera comida.

Os nosos viñedos, situados nas ladeiras do Sil baixo o influxo do microclima de Valdeorras, ofrecen unha uva que na adega só temos que coidar e consentir para que transmita todo o seu esplendor. Os mostos flor cos que se elabora este viño, obtidos sen aplicar presión algunha sobre a vendima, manteñen a calidade da uva godello seleccionada. Tras a fermentación alcohólica en depósito de aceiro inoxidable a temperatura controlada, leva a cabo unha lixeira crianza sobre lías que estrutura e dá complexidade ao viño final.

Categoría:

Prata Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2021 | anada 2019

Prata Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2021 | anada 2019

Prata Guía de Vinos Paadín 2020 | añada 2017

Prata Guía de Vinos Paadín 2020 | añada 2017

88 puntos Guía Peñín | añada 2020

88 puntos Guía Peñín | añada 2020

Terriña

Os pratos cos que mellor marida Verdes Castros Garnacha son carnes vermellas, cocido, asados, queixos e embutidos curados.

Vista

Brillante e limpo, de cor amarela palla con finos reflexos verdosos

Olfato

Intenso e fiel á variedade, sobre un fondo de froita branca madura aparecen notas de herbas frescas (coandro, fiúncho), que lle confiren unha interesante complexidade

Notas de cata

Con boa estrutura e equilibrado, en boca é elegante, persistente e cheo de matices en retronasal (froitas, herbas, minerais) cunha agradable punta de frescura.

Información adicional

D.O.

Valdeorras

Variedade de uva

Godello

Bodega

Tipo

Branco

Capacidade botella

75 cl

Añada

2020

Acceder para descargar a ficha completa do produto