Información adicional
D.O. | Ribeira Sacra |
---|---|
Variedade de uva | Mencía |
Bodega | |
Tipo | Tinto, Vegano |
Capacidade botella | 75 cl |
Vía Romana é o primeiro viño galego con certificado vegano e tamén é o viño perfecto para compartir nunha comida cos amigos ou a familia. Saborea o mimo e o saber facer dunha tradición familiar que o convirte nun dos tintos galegos máis prestixiosos, un viño que non entende de présas para que desfrutes rodeado dos que máis queres.
Vía Romana elaborado mediante un proceso tradicional que encerra a esencia da terra onde medra. As uvas, da Ribeira Sacra do Miño, son seleccionadas tras a vendima manual. A fermentación alcohólica realizase en depósito de aceiro inoxidable. Permanece alí un mínimo dun ano a temperatura controlada e redondease en botella, sen présas, antes de sair ao mercado.
Froito do noso empeño pola innovación constante, utilizamos na colleita do 2015 un clarificante vexetal: a proteína de chícharo, é por iso que conseguimos certificar o noso viño como viño vegano, o primeiro de Galicia.
Oro Guía de Viños Destilados e Bodegas de Galicia 2021 | añada 2019
Plata Catavinum World Wine and Spirits | Añada 2018
89 puntos | Wine Up añada 2018
87 puntos | Guía Peñín añada 2019
81,30 puntos | Concours Mondial de Bruxelles añada 2019
Certificado Vegano
Sello Galicia Calidade
Desde as ladeiras do río Miño elaboramos os nosos viños con D.O. Ribeira Sacra.
Vía Romana combina a perfección con carne a parrilla, embutidos e quesos curados.
De cor vermella picota intenso e tons violáceos. Limpo e brillante.
De nariz franca. Aromas varietais moi intensos a amorodo e grosellas negras, con notas florais e lácticas. Balsámico e mineral. Con trazas doces de regaliz confitado e especias moi finas.
En boca é amable, respetuoso e sutil. Equilibrado, amplo e glicérico. Fresco, mineral e con notas balsámicas. Con froita vermella bañada en chocolate e notas de regaliz. Con final agradable.
D.O. | Ribeira Sacra |
---|---|
Variedade de uva | Mencía |
Bodega | |
Tipo | Tinto, Vegano |
Capacidade botella | 75 cl |