Vinigalicia destina o 3% das vendas en supermercados durante o estado de alarma a investigación

1 de Marzo de 2022

A familia adegueira Vinigalicia doa 18.000 euros á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica que lidera un estudo a nivel mundial sobre a COVID-19

A pasada semana reuníanse en Santiago de Compostela Juan Luís Méndez Rojo, CEO de Vinigalicia e Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador experto internacional en xenética e director de grupo de Medicina Xenómica da USC e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica do Sergas.

Durante o encontro realizouse un percorrido polas instalacións no que se explicou o incrible traballo dos diferentes grupos de investigación activos que contan con máis de 150 membros e plataformas tecnolóxicas de última xeración.

“O traballo que fan é dun valor incalculable e debemos ser solidarios tomando conciencia sobre a importancia da doazón no ámbito da empresa privada como leva facendo durante décadas noutros países. É un compromiso que debemos asumir, non só nas circunstancias actuais se non no futuro e, a nosa empresa comprométese a iso.” -afirma Juan Luís Méndez.

A acción en supermercados

A doazón foi posible grazas a todasas persoas que durante o estado de alarma continuaron cos seus hábitos de consumo e incluíron referencias Vinigalicia nos seus carriños da compra a través de marcas como Vía Romana, Verdes Castros, Brincos Premium, Dona Luci, Cumio ou Maria Castaña entre outros.

Doazón de máscaras

Vinigalicia tamén doou un total de 12.000 máscaras durante o estado de alarma nalgúns dos lugares onde temos máis presenza: 4000 en Chantada, sede do grupo, 4000 en Camerún, país ao que exportamos desde hai anos, 2000 no Rosal, onde compramos recentemente unha nova adega, Via Atlántica e 2000 en Petín, onde se atopa outra das nosas adegas, Terriña.

Entradas relacionadas