Verdes Castros Godello consegue medalla de ouro nos ” Premios Baco Cosecha 2022 ”

20 de Xuño de 2023

Os resultados da 37 edición déronse a coñecer recentemente trala cata de 423 viños.

VERDES CASTROS GODELLO, elaborado na nosa adega TERRIÑA (D.O. VALDEORRAS)  logra medalla de ouro nos ”Premios Baco Cosecha 2022” organizado pola Unión Española de Catadores.

O certame é o único no noso país que se centra en exclusiva na cata da colleita máis reciente, a 2022. Ademais, é un dos máis antiguos e respetados de España celebrándose xa 37 edicións.

Os resultados déronse a coñecer recentemente, trala evaluación dos expertos de máis de 423 viños. Entre eles destacou o noso  Verdes Castros Godello, que foi un dos 10 premiados da denominación de orixe.

Dende ViniGalicia estamos moi agradecidos de recibir este recoñecemento, que nos motiva a seguir mellorando e medrando día a día.

Entradas relacionadas