BBW: Barcelona Wine Week

1 de Marzo de 2022

Éxito na caseta de Vinigalicia en Fira Barcelona

Máis de 130.000 copas de viño catadas en total, 300 compradores internacionais de mercados estratéxicos para exportación de viño español invitados sobre os 19.000 metros cadrados da Monjuic Fira Barcelona ao longo das tres xornadas da Barcelona Wine Week.

Unha cita na que aproveitamos para presentar novas imaxes e novas referencias como Brincos Premium Class, o noso primeiro espumoso, que foi acollido cun gran éxito.

Durante a feira atendemos tanto a clientes actuais como a interesados no noso grupo, no ámbito nacional e internacional.

Sen dúbida unhas cifras e resultados moi satisfactorios que esperamos repetir en próximas edicións.

Entradas relacionadas