O noso novo Verdes Castros Garnacha, elaborado en Terriña Adegas e Viñedos da D.O. Valdeorras, obtivo a medalla de prata na última edición da Cata Transfronteiriza de Tintos de HG& T na categoría de Garnachas.
As uvas coas que se elabora este viño proceden de pequenas viñas vellas nas que a mecanización é mínima, polo que requiren dun minucioso coidado manual.
Tras unha selección pormenorizada dos acios, son macerados en frío e fermentados en depósito a temperatura controlada.
Tras o sangrado e prensado suave obtense o viño que, ao finalizar a fermentación maloláctica, descansa uns meses en depósito ata o seu embotellado.
Para nós é unha honra contar con este tipo de recoñecementos para unha das nosas últimas referencias, no que se reflicte o mimo e o traballo que hai detrás da súa elaboración.
Esperamos que o gocedes!