Verdes Castros Garnacha obtén medalla de prata na Cata Transfronteiriza de Tintos 2020

1 de Marzo de 2022

A última Cata Transfronteiriza de Tintos 2020 organizada pola revista HG& T, coa colaboración técnica da Asociación Galega de Catadoras (AGASU) e a Asociación Galega de Enólogoes/Enólogos (AGE), levouse a cabo recentemente en Verín.

O noso novo Verdes Castros Garnacha, elaborado en Terriña Adegas e Viñedos da D.O. Valdeorras, obtivo a medalla de prata na última edición da Cata Transfronteiriza de Tintos de HG& T na categoría de Garnachas.

As uvas coas que se elabora este viño proceden de pequenas viñas vellas nas que a mecanización é mínima, polo que requiren dun minucioso coidado manual.
Tras unha selección pormenorizada dos acios, son macerados en frío e fermentados en depósito a temperatura controlada.
Tras o sangrado e prensado suave obtense o viño que, ao finalizar a fermentación maloláctica, descansa uns meses en depósito ata o seu embotellado.

Para nós é unha honra contar con este tipo de recoñecementos para unha das nosas últimas referencias, no que se reflicte o mimo e o traballo que hai detrás da súa elaboración.

Esperamos que o gocedes!

Entradas relacionadas