Vinetur, asegura que Vía Romana engada Mencía 2016 é “Probablemente o mellor viño do mercado para acertar na túa compra”

1 de Marzo de 2022

“Probablemente o mellor vino do mercado para acertar a tua compra”

“Probablemente o mellor viño do mercado para acertar na túa compra”

Esta fin de semana o noso Vía Romana Anada Mencía 2016 amparado pola D.O. Ribeira Sacra recibiu unha moi boa crítica de Vinetur, a revista dixital especializada no mundo do viño, onde afirmaba que Vía Romana Mencía 2016 é “Probablemente o mellor viño do mercado para acertar na túa compra”

Resultado dunha vendima 100 % manual, que soportou pendentes que chegaron ao 75% de inclinación denominándose esta fazaña como viticultura heroica. Unha vez chega a uva a adega, seleccionamos de forma manual cada acio, despalillámolo e esmagámolo lixeiramente, a entrada das uvas ao depósito son por gravidade, a fermentación é realizada en tanques de aceiro inoxidable nos cales son diarios os remontados para favorecer a extracción de cor e os compostos fenólicos concentrados no sombreiro, a temperatura de fermentación contrólase exhaustivamente manténdoa sempre entre 24 -26º C, cunha duración de 12 a 15 días, tras a cal se descuba e se realiza fermentación maloláctica.

Despois de permanecer un mínimo de 8 meses en depósito de aceiro inoxidable a temperatura controlada e 6 meses en botella hoxe podemos afirmar que está no momento perfecto para gozar sen presas!

Entradas relacionadas