Pragustus Tinto

Para a comida con amigos do finde

Pragustus obtense a partir das mellores variedades de uva, que lle dan un sabor único para acompañar as comidas con amigos desas que se alongan ata última hora da tarde.

Pragustus Tinto elabórase con uvas exhaustivamente seleccionadas no viñedo, que, tras unha maceración prefermentativa en frío realizada para extraer todo o seu potencial aromático, son fermentadas en depósito de aceiro inoxidable a temperatura controlada. Posteriormente, tras o descube da pasta, lévase a cabo a fermentación maloláctica no viño, que achega redondez e estabilidade, e, tras un período de repouso en adega, obtemos un viño equilibrado, cheo de matices e moi elegante en boca.

Categoría:

Certificación Vino Varietal de Galicia (Bureau Veritas)

Certificación Vino Varietal de Galicia (Bureau Veritas)

Pragustus tinto marida con peixes, patés, queixos, carnes, xamóns, asadores de verduras e pastas.

Vista

Cor vermella cereixa con ribetes rubí. Limpo e brillante.

Olfato

Aromas a froitos vermellos e negros, frescos toques florais.

Notas de cata

Carnoso e estruturado cun tanino ben domado.

Información adicional

D.O.

Sen D.O.

Tipo

Tinto

Capacidade botella

75 cl