Premio á empresa que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos galegos

1 de Marzo de 2022

Recibir este premio para nós é ter claro que a nosa filosofía seguirá sendo a mesma, ser fieis á nosa terra e as nosas raíces.

Recibir este premio para nós é ter claro que a nosa filosofía seguirá sendo a mesma, ser fieis á nosa terra e as nosas raíces.

Temos o gusto de comunicarvos que o pasado 21 de xaneiro a nosa adega Terriña,S.L, foi galardoada co “Premio á empresa que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos galegos”.

Como sabedes, Terriña forma parte do noso proxecto Vinigalicia Familia Adegueira en Valdeorras e é un paso máis no legado dunha tradición familiar que comezou en 1940 como homenaxe a Galicia e a paixón pola viticultura.
O compromiso coa terra ao longo destes anos fixo posible que a día de hoxe contemos con viños en todas as denominacións de orixe galegas. Recibir este premio para nós é ter claro que a nosa filosofía seguirá sendo a mesma, ser fieis á nosa terra e as nosas raíces. Querémolo compartir convosco e darvos as grazas por confiar no noso proxecto.

Entradas relacionadas