Porque te esforzas en facer as cousas o mellor posible, porque lle pos ao mal tempo boa cara, porque tes un paciencia infinita, porque lle suxeitas a porta ao veciño, porque non perdes a esperanza de ir ao ximnasio, porque coidas dos teus, porque sabes valorar o bo da nosa terra. Por todo isto e mil cousas máis, mereces un bo viño.
Viños de calidade ao alcance de todos
Todos deberíamos poder desfrutar das cousas boas. Das que están feitas con agarimo, con boa materia prima e con bo saber facer. Así é como elaboramos os nosos viños nas cinco denominacións de orixe galegas e estamos seguros de que encontrarás un para ti.


Queremos que desfrutar do viño sexa fácil para ti. Por iso, propoñémosche un montón de trucos sinxelos que che axudarán a vivir o viño sen complicarte a vida.
Unha bodega en cada
denominación de orixe galega
Amamos Galicia tanto como ao viño. Esta terra ensinounos todo: a ser honestos, a escoitar a natureza, a respectar a nosa xente, a loitar cando toca e a desfrutar cando se debe. Cada un dos nosos viños é un recordatorio de onde vimos e un camiño do que non queremos desviarnos.


Familia adegueira dende 1940
Cada viño é unha recompensa a un traballo duro, a coñecer a terra, a saber esperar, a probar unha e outra vez ata que encontras o que estabas buscando. Cada un dos nosos viños é unha recompensa ás familias que traballamos en ViniGalicia e tamén para todo aquel que sabe desfrutar da vida.

O noso día a día
Vinigalicia obtén o indicador “Ardan de Empresa Global 2017”
“Ardan de Empresa Global 2017” recoñecemento directamente relacionado co proceso de internacionalización
ViniGalicia repite en ProWein 2018 HALL 10 | CASETA 10 C183
Vinigalicia Familia Bodeguera se desplazó outro ano máis a ProWein
Vinetur, asegura que Vía Romana engada Mencía 2016 é “Probablemente o mellor viño do mercado para acertar na túa compra”
“Probablemente o mellor vino do mercado para acertar a tua compra”

