Vinigalicia renueva la certificación IFS y mejora a Nivel Superior

1 de Marzo de 2022

Este nivel só o alcanzan aquelas empresas que obteñen unha puntuación superior ao 95%

Obtivemos o Nivel Superior da certificación IFS tras a auditoría que superamos hai unhas semanas. Só as empresas que logran unha puntuación maior do 95% alcanzan este nivel.

Esta norma de seguridade alimentaria, que está recoñecida pola Global Food Safety Initiative (GFSI), acredita o cumprimento dos estándares de calidade e seguridade alimentaria dos produtos procesados.

Dende o 2019, ano de inauguración das nosas novas instalacións, mantivemos o nivel básico ata que este ano conseguimos mellorar o selo a un rango máis elevado, reforzando así o obxectivo de mellora continua de procesos e produtos.

A este logro súmase a valoración que o Sr. vicepresidente e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, D. Francisco Conde, fixo durante a visita á nosa sede central en Chantada o pasado 5 de febreiro; onde destacou e puxo como exemplo de empresa galega a Vinigalicia en innovación e aposta pola internacionalización, a pesar do contexto sanitario actual.

Entradas relacionadas