ViniGalicia obtén o accésit a internacionalización 2021

1 de Marzo de 2022

Hemos obtenido el accésit a la Internacionalización en la V edición del Premio Pyme del Año de Lugo convocado por la Cámara...

Obtivemos recentemente o accésit á Internacionalización na V edición do Premio Peme do Ano de Lugo convocado pola Cámara de Comercio de Lugo e o Banco Santander xunto co Grupo O Progreso.

A pesar da situación sanitaria, a Internacionalización tivo un comportamento moi positivo na nosa compañía, aumentando a facturación durante os meses de pandemia nun 13% con respecto ao 2019.

Ademais,  Vinigalicia logrou aumentar a carteira de clientes en países nos que xa tiña presenza, creando marcas novas adaptadas ás súas necesidades e, tamén, conseguimos levar marcas propias a máis países a través de novos distribuidores, ata sumar un total de 27 nos cales temos presenza. 

Estes logros son moi importantes para a nosa empresa, froito do traballo e a dedicación do equipo, dando mostra de que conseguimos adaptarnos aos inconvenientes en ausencia de feiras e eventos que axudan a forxar alianzas comerciais internacionais.

Entradas relacionadas