Vinigalicia logra por segundo ano consecutivo dous Indicadores Ardán

9 de Marzo de 2022

Segundo ano consecutivo que conseguimos os recoñecementos a Empresa Global e a Empresa Innovadora concedidos por a Confederación Zona Franca de Vigo.

O pasado mes de outubro logramos dous indicadores Ardán 2021.
É o segundo ano consecutivo que conseguimos os recoñecementos a Empresa Global e a Empresa Innovadora concedidos por a Confederación Zona Franca de Vigo.

O primeiro distintivo foi outorgado polos avances en internacionalización de Vinigalicia que en 2021 xa está presente en 27 países.

A pesar da situación sanitaria, a exportación presentou un comportamento moi positivo na nosa compañía: logramos aumentar a facturación e a carteira de clientes en países nos que xa tiñamos presenza, creando novas marcas adaptadas ás súas necesidades e, tamén, conseguimos levar as nosas marcas propias a máis países a través de novos distribuidores.

No que respecta ao indicador de Empresa Innovadora, nos  encuentramos en pleno cambio implantando melloras tanto na xestión comercial como a nivel produtivo, coa tecnoloxía como foco para crecer e ser máis sostibles no futuro.

Só o 5% das empresas galegas consegue alcanzar os criterios establecidos para obter estes distintivos, polo que supón un orgullo para nós conseguilos un ano máis.

Entradas relacionadas