Información adicional
D.O. | Valdeorras |
---|---|
Variedade de uva | Garnacha |
Bodega | |
Tipo | Tinto |
Capacidade botella | 75 cl |
Añada | 2019 |
Verdes Castros é un tinto maduro, potente e fresco, o que o converte na elección ideal para unha cea en parella con alguén especial.
As uvas coas que se elabora proceden de cepas plantadas en vaso, de pequenas viñas vellas nas que a mecanización é mínima, polo que requiren dun minucioso coidado manual. Os acios maduros e sans, seccionados en viñedo e adega, son macerados en frío e fermentados en depósito a temperatura controlada. Tras o sangrado e prensado suaves, obtense o viño que, ao finalizar a fermentación maloláctica, descansa uns meses en depósito ata o seu embotellado. Este mimo, que continúa nos traballos de adega, vese reflectido nos nosos Verdes Castros Garnacha.
87 puntos | Guía Peñín añada 2019
Prata Cata Transfronteiriza de Tintos HG&T | anada 2019
Os pratos cos que mellor marida Verdes Castros Garnacha son carnes vermellas, cocido, asados, queixos e embutidos curados.
Conta cunha capa media-alta, de cor vermella cereixa con ribete malva.
Aroma intenso e complexo, marcado por froitas vermellas e interesantes notas balsámicas.
En boca é amplo, potente e saboroso, cunha agradable frescura. Deixa un agradable e longo recordo.
D.O. | Valdeorras |
---|---|
Variedade de uva | Garnacha |
Bodega | |
Tipo | Tinto |
Capacidade botella | 75 cl |
Añada | 2019 |