Porque te esforzas en facer as cousas o mellor posible, porque lle pos ao mal tempo boa cara, porque tes un paciencia infinita, porque lle suxeitas a porta ao veciño, porque non perdes a esperanza de ir ao ximnasio, porque coidas dos teus, porque sabes valorar o bo da nosa terra. Por todo isto e mil cousas máis, mereces un bo viño.
Viños de calidade ao alcance de todos
Todos deberíamos poder desfrutar das cousas boas. Das que están feitas con agarimo, con boa materia prima e con bo saber facer. Así é como elaboramos os nosos viños nas cinco denominacións de orixe galegas e estamos seguros de que encontrarás un para ti.
Queremos que desfrutar do viño sexa fácil para ti. Por iso, propoñémosche un montón de trucos sinxelos que che axudarán a vivir o viño sen complicarte a vida.
Unha bodega en cada
denominación de orixe galega
Amamos Galicia tanto como ao viño. Esta terra ensinounos todo: a ser honestos, a escoitar a natureza, a respectar a nosa xente, a loitar cando toca e a desfrutar cando se debe. Cada un dos nosos viños é un recordatorio de onde vimos e un camiño do que non queremos desviarnos.
Familia adegueira dende 1940
Cada viño é unha recompensa a un traballo duro, a coñecer a terra, a saber esperar, a probar unha e outra vez ata que encontras o que estabas buscando. Cada un dos nosos viños é unha recompensa ás familias que traballamos en ViniGalicia e tamén para todo aquel que sabe desfrutar da vida.
O noso día a día
Novo lanzamento: Vía Stellae
Vía Stellae foi nosa última incorporación nas nosas elaboracións na D.Ou. Ribeira Sacra.
Vinigalicia logra por segundo ano consecutivo dous Indicadores Ardán
Segundo ano consecutivo que conseguimos os recoñecementos a Empresa Global e a Empresa Innovadora concedidos por a Confederación Zona Franca de Vigo.
Vémonos no 34 Salón Gourmets
Vinigalicia asistirá a semana que vén ao 34 Salón Gourmets.