Vinigalicia Familia Adegueira estará presente por primeira vez no Salón Gourmets, o mellor escaparate de tendencias de alimentación e bebidas.
Celebrarase na Feira de Madrid- IFEMA do 18 ao 21 de outubro e haberá un total de 1.500 expositores con máis de 37.000 produtos.
Non quixemos perdernos esta cita imprescindible, por iso estaremos situados no Pavillón número 6 na Caseta 6 F08, onde vos mostraremos todas as novidades da nosa variedade de viños e licores.
Logramos por segundo ano consecutivo o Nivel Superior en IFS
Por segundo ano consecutivo logramos a certificación a Nivel Superior na audiotoría de IFS (International Featured Standards) alcanzando unha puntuación superior ao 95%.