Esperámosvos en FOODEX JAPAN 2019

1 de Marzo de 2022

Vinigalicia Familia Bodeguera en FOODEX JAPAN 2019 STAND 1C.40.073

Empezamos a tempada de feiras, o pistoletazo de saída este ano darao a 44ª edición FOODEX JAPAN, evento anual ao que asistiremos, organizado por ICEX España Exportación e Investimentos, xunto coa Oficina Económica e Comercial de España en Tokio, cita reservada exclusivamente ao sector de alimentación e bebida que atrae a un público exclusivamente profesional: maioristas, minoristas, supermercados, cátering, importadores de bebidas e restauración, o que para Vinigalicia é unha moi boa oportunidade de negocio.

Poderédesnos atopar na CASETA 1 C.40.073

Terá lugar do 5 ao 8 de marzo de 2019 no recinto feiral Makuhari Messe International Convention Complex ( Makuhari Messe) de Chiba (localidade contigua a Tokio) e poderédesnos atopar na CASETA 1 C.40.073
Vinigalicia Familia Adegueira é unha das 30 marcas españolas de alto potencial internacional dun selectivo grupo de empresas que apostan pola marca como principal activo de competitividade e pola internacionalización como vía de crecemento.

Entradas relacionadas