VINIGALICIA ·

 HISTORIA

 
 
A tradición vitivinícola de Vinigalicia nace na localidade galega de Chantada hai máis de medio século.

O Grupo Bodegueiro ViniGalicia, ten a súa orixe no ano 1940 cando Manuel Méndez e Maruja Otero fundan “Casa Penouzos”. Nos seus comezos este establecemento adicouse á hostalaría e á venda de viños da zona, xa por aquel entón moi recoñecidos e ben valorados.

Anos despois, cos seus fillos Javier e Juan, a familia Méndez decide adicarse exclusivamente ó mundo do viño, fundando desta maneira “Bodegas Penouzos”.

A gran demanda que continuaba experimentando o sector vinícola durante os anos seguintes fixeron que no 1976, Manuel Méndez e os seus fillos fundaran Vinícola de Chantada, S.A.

Vinícola de Chantada, rexentada actualmente pola familia Méndez Rojo, foi a primeira empresa da zona en dicarse plenamente  industria vinícola; agora, trinta anos despois da súa fundación, segue sendo un referente no mercado vitivinícola do Norte de España.

Vinte anos mais tarde da fundación de Vinícola de Chantada, xa coa terceira xeración da familia incorporada, nace ViniGalicia, a cal pasará rápidamente a ser, polo seu dinámico crecemento e sólido posicionamento no sector, a empresa baixo a cal se englobarían a xa existente Vinícola de Chantada e as novas, Vía Romana Adegas e Viñedos, Bodegas Cervantino e Aceite Latino así como todas as bodegas repartidas polas distintas Denominacións de Orixe Galegas que están controladas polo grupo.

Conséguese deste xeito un conglomerado de empresas que pasan a ser parte de ViniGalicia Grupo Bodegueiro; comezando unha importante e ilusionante etapa que marcará un punto de inflexión na traxectoria ascendente da bodega e que nos obrigará a levar a cabo un profundo cambio na nosa estratexia como grupo.

ViniGalicia como grupo bodegueiro nace físicamente no ano 1996, contando cun amplo apoio no tocante á experiencia no sector vinícola e oliveiro, todo isto debido á tradición familiar legada.

A sede atópase localizada en Chantada, corazón da Ribeira Sacra, área de gran tradición vitivinícola cunha extensión de 1.550 Ha. de viñedo, que supón un 5.2% dun solo adicado á vide en Galicia.

 Pasados dous anos do nacemento de Vinigalicia, a nosa inmersión nos principais segmentos de viños de calidade era xa unha realidade. O rápido e dinámico crecemento da nosa empresa, así como o seu sólido posicionamento no sector permítennos comezar o noso proceso de expansión.

O primeiro paso neste senso levounos a interesarnos por outras zonas xeográficas que tamén agochaban características óptimas para a produción, o cultivo e a elaboración de viños de extraordinaria calidade.

A adquisición de novas bodegas adscritas ás principais denominacións de orixe galegas e españolas, unidas ás xa existentes na Ribeira Sacra, permitíronnos abrir un novo ciclo e desenvolver o noso proxecto naqueles mercados que coidabamos potenciais e nos que aínda non estabamos presentes.

A estas adquisicións pronto se sumarían outras participacións, colaboracións con algunhas das bodegas de maior prestixio e recoñecemento do noso territorio. Unha importantísima aposta de expansión que nos permitiría seguir medrando, engadir aínda mais valor ó noso proxecto e potenciar a nosa rede de distribución en mercados nacionais e internacionais.
 
Hoxe en día, en ViniGalicia Grupo Bodegueiro contamos con máis de 70 anos de experiencia, o que nos permite ofrecer unha ampla variedade de produtos, dende viños a granel a viños de mesa embotellados, viños especiais, viños D.O. Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e A Mancha, sangrías, tintos de verán, Augardentes, Licores, e Aceite de oliva virxe extra, produtos que están actualmente presentes nunha gran cantidade de países gozando dunha gran aceptación por parte de moi diversos consumidores. As últimas incorporacións son D.O. Rioja e D.O. Ribera del Duero.

No aspecto técnico, ademais do capital humano e a experiencia conseguida co paso do tempo, en ViniGalicia contamos coas mais modernas técnicas de tratamento de viños (filtración tanxencial e micro filtración amicróbica), estando todos os procesos completamente automatizados.

Os nosos estritos procesos de elaboración, unido a á de por si gran calidade da nosa materia prima, permítenos ano tras ano manter ós nosos clientes satisfeitos, fomentando recíproca e continuamente a confianza que nos amosan, para poder así seguir medrando como empresa e como persoas.

Só o amor polo mundo do viño pode explicar a loita e a aposta decidida comezada polos nosos devanceiros por recuperar a viticultura histórica da zona e proxectala con esperanzas de futuro; hoxe unimos a estes motivos o conseguir que a nosa ampla gama de produtos vinícolas poidan ser internacionalmente apreciados.

Ese futuro no que creron é, hoxe en día, grazas ó traballo, a ilusión e en moitas ocasións as bágoas, o comezo dunha realidade.

Queremos selo grupo bodegueiro galego mais presente no mundo e coa representación mais completa de produtos que representan a nosa terra e o cariño cos que os elaboramos; é por isto que o noso, físico e humano, dende as nosas liñas de embotellados, equipo de enólogos, departamento comercial nacional e exterior, marketing, administración, pasando polo noso equipo de xestión de calidade traballa diariamente cun bo saber facer e coa ilusión de conseguilo.
 
 
CUMIO · VAL DO INFERNO · DIMIA · DIMIA EXPRESIÓN · TERRA MUNDI · TERRAS DE GONDAREI · VIAROMANA · CERVANTINO AIRÉN · CERVANTINO TEMPRANILLO · VERDES CASTROS MENCÍA VERDES CASTROS GODELLO · TERRA MEIGA · MARÍA CASTAÑA · MARINER · VIÑA MEIGA BLANCO · VIÑA MEIGA TINTO · ENTRERÍOS BLANCO ENTRERÍOS ROSADO · ENTRERÍOS TINTO ESTRELIÑA DE ESPAÑA · ESTRELIÑA DE ESPAÑA BLANCO · ESTRELIÑA DE ESPAÑA ROSADO · ESTRELIÑA DE ESPAÑA TINTO · SANGRÍA MEIGA · TINTO DE VERANO MEIGA SABOR LATINO · ARTE LATINO

Aviso Legal
Diseño y Programación: Prodesin.com